Novas por contido

CIG, CCOO, UGT e CSIF da Administración Autonómica teñen convocada unha concentración en solidariedade coas traballadoras e traballadores de Xustiza, en folga desde hai máis de dous meses e que tamén participarán na mesma, para demandar da Xunta que sente a negociar e exixir que se solucione o conflito. A mobilización terá lugar o xoves, día 12 de abril, entre as 11:00 e as 11:30 horas na parte superior do edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano, pola zona da capela de San Caetano.

As organizacións sindicais entenden que esta non é unha loita illada, senón que debe ser entendida como unha loita propia do conxunto das empregadas/os das administracións contra os recortes laborais, salariais e sociais aplicados nestes últimos anos; pois na área pública foi onde os gobernos ensaiaron as políticas antiobreiras que despois estenderían a todo o mundo do traballo a través das reformas laborais.

Por iso, acompañar o persoal de Xustiza na súa batalla non supón só un xesto de solidariedade, significa plantarlle cara ás políticas de desmantelamento e privatización dos servizos públicos, á precarización do emprego, ás amortizacións, ás rebaixas dos salarios, ás penalizacións por enfermar, á vulneración do dereito á negociación colectiva e, ademais, enfrontar a prepotencia e as mentiras do PP.

Este xoves de 11:00 a 11:30 horas, diante do edificio administrativo da Xunta Galiza en San Caetano.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...