No DOG núm. 72 do venres 13 de abril de 2018  publicase a resolución pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Xunta de Galiza en escolas infantís da localidade onde presta servizos. As escolas infantís dispoñibles son as seguintes:

  • Escola infantil de Vite en Santiago de Compostela.
  • Escola infantil Santa María de Oza na Coruña.
  • Escola infantil Catabois en Ferrol.
  • Escola infantil Sagrado Corazón en Lugo.
  • Escola infantil Antela en Ourense.
  • Escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra.
  • Escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo.

As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: 16/04/2018 a 27/04/2018.