Novas por contido

Varias compañeir@s delegadas da CIG, tanto bombeir@s como axentes, asistiron este sábado en Madrid a esta histórica manifestación na loita por unha imprescindíbel e xusta mellora xeral nos servizos de extinción de incendios de todo o estado.

A manifestación convocada en principio pola PASBF- Plataforma asociativa de sindicatos de bombeiros forestais- da cal a CIG é organización colaboradora, a que posteriormente se foron sumando os principais sindicatos do estado, celebrouse polas rúas de Madrid nun ambiente reivindicativo á vez que festivo, xuntando por primeira vez na historia da profesión a colectivos de todo o estado baixo unha principal reivindicación de recoñecemento profesional logo do veto exercido polo Partido Popular e Ciudadanos ao proxecto de lei para acadar un estatuto básico de bombeir@ forestal.

Aínda que as realidades de cada colectivo a nivel autonómico son ben diferentes, o obxectivo final é compartido, un horizonte onde o recoñecemento da categoría profesional acompañado dos dereitos e obrigas inherentes a esta, sitúen a tódolos colectivos do estado nun marco de seguridade xurídica e profesional que os dispositivos merecen, tanto polo traballo xa realizado como polas esixencias que a propia regulación do sector e das actividades que realizamos esixe.

Entre as esixencias e reivindicacións comúns -algunhas das cales grazas a continua reivindicación na Galiza xa se conqueriron pero aínda pendentes do pleno desenrolo- xiraban arredor d@:

  • Recoñecemento profesional categoría 5932 bombeir@ forestal.
  • Recoñecemento e aplicación dos coeficientes redutores na idade de xubilación
  • Recoñecemento das enfermidades profesionais.
  • Formación paras os diferentes colectivos de bombeiros forestais como colectivos pertencentes á Familia de seguridade e medio ambiente.

Sobre como entronca isto no panorama profesional dos servizos de extinción da Galiza, temos claro que aínda que acadamos importantes avances como o recoñecemento da categoría profesional, o desenrolo dos dereitos inherentes a este así como a modificación da Rpt,son retos importantísimos a día de hoxe que nos manterán en garda hoxe ate a súa consecución .

Aínda que o encabezamento e titulares se refiren @s bombeiros forestais, estamos diante dun momento crucial para todo o dispositivo de extinción e as diferentes categorías que desempeñan tanto funcións de extinción como de coordinación nos incendios forestais.

Estamos diante dunha loita transversal que afecta e precisa implicar a tódolos colectivos que forman parte dos dispositivos de coordinación, dirección e a extinción - e prevención por suposto- propiamente dita, por iso nos congratulamos da presenza de compañeir@s de tódolos corpos profesionais, bombeir@s forestais, técnic@s e axentes, a maiores de estar tamén loitando cada categoría dende o seu dende o seu campo específico polo recoñecemento dos coeficientes redutores e das enfermidades profesionais.

No novo escenario profesional no que todas nos movemos - onde o lume se difumina nas emerxencias ou situacións de multiemerxencia- é imprescindíbel unha readaptación no eido da formación tal e como marca a lexislación vixente que non pode agardar máis tempo.

Apuntamos aquí algúns enlaces de prensa desta nova do pasado sábado:

A CIG, a única representación galega na manifestación pola conquista de dereitos d@s bombbeir@s forestais do pasado 12 de maio en Madrid.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...