Novas por contido

1. A petición das organizacións sindicais, acoden representantes da Mutua Gallega ao CSSL Intercentros, para que nos aclararen os seus criterios na consideración de accidente in itinere e accidente laboral, para os empregados públicos da Xunta de Galiza.

A espera dun informe máis polo miudo onde se definan mellor as cuestións, a exposición da mutua confírmanos unha certa arbitrariedade, e que os casos son analizados individualmente, de xeito que o dictame pode ser diferente en casos semellantes; de todas formas tentamos forzar aclaracións na mesa das que destacamos varias situacións:

  • Persoal con flexibilidade horaria onde a hora de “ida ao traballo non esta definida previamente”, hai que buscar a carga da proba no caso de accidente. Dende as organizacions sindicais solicitamos ampliar o horario laboral ao recollido na orde de flexibilidade.
  • Teletraballo, aquí a cuestión é mais complicada, a carga da proba é mais difícil e, ao estar no domicilio, poden considerarse accidentes domesticos xa que para a MUTUA non son lugares de traballo.
  • Ausencia do traballo con permiso (acompañar a un fillo ao medico, obriga legal...), estes desprazamentos (ida e volta) non teñen consideración de accidente in itinere.
  • Asistencia a exames ou cursos da EGAP, ASGAP, xornadas formativas relacionadas co traballo e en centros da administración, para a MUTUA non esta demasiado claro e presentan dúbidas. Porén dende a CIG cremos que debera ser accidente laboral si é dentro do horario de traballo porque non se interrunpe a actividade laboral. No caso de que esta formacion sexa fora do horario laboral poden darse varios casos:
    • Formacion en materia prevención de riscos laborais, sempre se considera accidente laboral e os seus desplazamentos son a. in itinere porque ven reflectido na normativa.
    • Cursos ou xornadas obrigatorias son traballo polo que a cobertura e total no caso de accidente in itinere ou accidente de traballo (debemos ter constancia desa obrigatoriedade).
    • Formacion voluntaria aínda que sexa relacionada coa adquisicion de competencias profesionais non a consideran dende a MUTUA en ningun caso accidente e ata a comparan con cursos de macramé.
  • Recoñecemento medico da mutua ou desprazamento por mandato empresarial sempre é un accidente laboral.

Polo que, debemos notificar canto antes a nosa xefatura do accidente, asegurar a proba (mensaxe, Kronos), e empregar o modo e percorrido habitual para os desprazamentos in itinere.

2. Procedemento para a identificación e valoración dos riscos sicosociais na avalición xeral de riscos dos centros. Levamos anos pedindo que se mellore e se realicen as avalicións de riscos sicosociais xa que non hai case nengunha feita de oficio nos centros da Xunta de Galiza (só se fan por denuncia). O procedemento apróbase con matices que definen a imposición da avaliación de riscos sicosociais si da enquisa ao traballador/a (web.riscos@xunta.gal) ou da visita de avalición se sospeitan problemas deste tipo nos centro de traballo. Báixase a porcentaxe de enquisas recollidas nos centros para que sexan tidas en conta do 70 ao 60% e, dáselle potestade ao persoal tecnico avaliador de facer a análise de riscos sicosociais se así o considera. Dende a CIG voltamos a insistir que se teñan en conta os riscos sicosociais nos centros onde o persoal traballe a quendas ou teña traballo nocturno.

3. Proposta de Modificación de datos e representantes dos CSSL polo cambio de consellerías ao migrar traballo de Politica Social a Economía e Industria. Aceptamos o cambio de numero de representantes en relación ao censo no que non se modifique o numero total por organización sindical, polo que en Política Social quedarian 8 delegados e no comité de Economía, Emprego e Industria 7. Quedamos pendentes de facer o nomeamento dos delegados e delegadas.

4. Dende a CIG denunciamos a mala aplicación dos protocolos de vixiancia da saúde para o persoal de campo das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o que nos parece gravísimo e pon en risco inmediato a estes traballadores, recordamos que xa foi demandado e alegado nos seus respectivos CSSL e comites de empresa e ainda asi dende o Servizo de Prevención non fixeron nada, polo que solicitamos o arranxo URXENTE en base a os riscos evidentes e as avaliacións de riscos.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.