Novas por contido

O consellerio de Medio Rural minte no Parlamento de galiza afirmando que esta a rematar coa temporalidade no servizo de incendios forestais

Na intervención Parlamentaria do conselleiro de Medio Rural, da que se facían eco os medios de comunicación o día 30 de outubro, minte sen pudor cando afirma que está rematando coa temporalidade dos servizos de extinción (SPDCIF), onde máis do 65% do total da cadro de persoal é temporal en fraude de Lei.

Dos 1.939 traballadores do SPDCIF, 1.200 seguen a ser traballadores temporais en fraude de lei porque levan máis de 3 anos nas súas prazas sen que a Administración lles dera a oportunidade de consolidalas a través dun concurso-oposición. Isto supón unha porcentaxe de temporalidade do 65%. E dicir, que destes 1.939 traballadores/as, 436 teñen un contrato de 4 meses e 610 de 9 meses: 1.046 traballadores contan cun contrato a tempo parcial.

Polo que,

- NON É CERTO que o vindeiro ano se incremente en 600 efectivos o persoal do SPDCIF, nada mais que se trasladan á Xunta os postos de traballo que en anos anteriores contrataba na época de alto risco a empresa pública Servizos Agrarios Galegos S.A. (SEAGA). O incremento total de efectivos é cero.

- NON É CERTO que se aposte pola prevención xa que case a totalidade do presuposto deste servizo gástase en extinción de incendios, máis de 100 millóns de euros anuais. Desmóntase así a farsa da prevención cando nestes días a Consellería do Medio Rural envía ó paro a máis de 1.000 traballadores/as do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia (SPDCIF), bombeiros forestais, vixilantes, emisoristas e operadores serán enviadas ao paro entre o 31 de outubro e o 30 de novembro.

Dende a CIG xunto coas organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF instamos ao novo conselleiro a unha xuntanza urxente para constituír unha mesa de diálogo e negociación co fin de buscar solucións a problemas tan serios como a temporalidade e a precariedade laboral.

Outras novas recentes

Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...