Novas por contido

A CIG ten detectado persoal que leva máis de oito anos en comisións de servizo, ben sen cambio de posto, ben con intercambio de prazas para así saltarse as normas. Xa que logo, a asesoría xurídica da CIG está a valorar interpoñer denuncia xudicial para cortar este abuso por parte das consellerías, co consentemento de Función Pública.

Fai uns días foi comunicada unha sentenza que anula 150 comisións de servizos no concello de Coruña, consecuencia dunha denuncia da CIG. Con esta mesma base xurídica, a CIG está a estudar levar aos xulgados á Xunta de Galiza para poñerlle coto a esta falcatruada promovida polas distintas consellerías e consentida pola Dirección Xeral de Función Pública.

O abuso das comisións de servizo na Xunta de Galiza é tal que, por exemplo, tan só no 2018, producíronse as seguintes renovacións (contabilizadas unha a unha pola CIG):

  • 290 con data inicial de 2016 das que a maioría están xa sobrepasando os dous anos máximos.
  • 65 renovadas, con data inicial de 2015.
  • 63 renovadas, con data incial de 2014.
  • 13 renovadas, con data incial de 2013.
  • 2 renovadas, con data incial de 2012.
  • 3 renovadas, con data inicial de 2011.
  • 4 renovadas, con data inicial de 2010.

Así temos sobre 350 comisións ilegais en tempo e forma, un auténtico escándalo.

Isto so é a punta do iceberg, pois son moitísimas máis polo cruzamento (normalmente na mesma unidade) de comisións que fan que haxa persoal que non podamos contabilizar pero que leva máis de dous anos ocupando efectivamente a mesma praza, aínda que oficialmente figure traballando noutro lado, o que é unha grande fraude.

O feito de ter prazas moi antigas en comisión evidencia o agochamento de prazas vacantes nos concursos de traslados.

A situación vese agravada pola falta de concursos de traslados o que forza unha situación inxusta que fai que o persoal teña a comisión de servizos como única alternativa para o achegamento ao fogar, unha mellor conciliación ou incluso unha mellora retributiva.

Levamos máis de tres anos dende o anterior concurso de traslados de corpos xerais, máis de seis para o de persoal laboral, e un número variablemente elevado para escalas e corpos especiais, polo que a CIG-Autonómica insiste na necesidade da convocatoria destes procedementos ordinarios de provisión de postos de traballo, ofertanto a totalidade de todas as vacantes, como mellor sistema para producir a limpeza das comisións de servizo.

En paralelo, defendemos que no Decreto de mobilidade de postos de traballo que se está a negociar nestas semanas, se introduzan cambios que establezan criterios para a concesión de comisións de servizo, se estableza un tempo máximo nesa situación, que force a rotación entre todas as persoas solicitantes, ..

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...