O Persoal Laboral da Xunta de Galiza di basta á discriminación retributiva, á parálise dos concursos de traslados e á parálise das ofertas públicas de emprego e procesos de estabilización e consolidación

A falta de concreción por parte da Dirección Xeral de Función Pública na resolución dos procesos de provisión e selección, a negativa a levantar a suspensión de dereitos arrebatados ou a diferenza de trato para chegar a un acordo de incremento retributivo supoñen unha grave discriminación do persoal laboral.

Por iso, dende o Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocámosche a unha gran mobilización o día 30 de novembro en Santiago de Compostela que sairá de San Lázaro as 11:00 da mañá e rematará diante de San Caetano baixo o lema:

NA DEFENSA DOS DEREITOS, NON A DISCRIMINACIÓN DO PERSOAL LABORAL DA XUNTA

Hai motivos de sobra para que o persoal laboral diga BASTA:

  1. Paralización do concurso de traslados.
  2. Paralización dos distintos procesos selectivos e dos acordos asinados (procesos de estabilización, consolidación, e ofertas públicas de emprego).
  1. Discriminación retributiva con respecto a outros colectivos.
  2. Proposta de carreira profesional  que exclúe ao persoal laboral.
  3. Procesos de funcionarización incertos coa imposición de escalas e sen negociación.
  4. Dereitos perdidos por todos os empregados públicos (salario, FAS, 100% retribucións IT...) cebándose especialmente por parte da Xunta de Galicia co persoal laboral a través da Lei 1/2012: suspensión do artigo 19 do Convenio Colectivo (descansos semanais e compensacións de domingo e festivos), dereito a comedor etc..
  5. Suspensión do Fondo de Acción Social.
  6. Problemas coa aplicacion do decreto de listas de contratación temporal 37/2006 totalmente obsoleto

9. Outras cuestións de relevancia como a necesidade da mellora dos sistemas de mobilidade, pola concesión de adscricións temporais entre categorías, pola negociación da segunda actividade en categorías sometidas a un elevado risco nas súas funcións, por unha solución á problemática dos non aptos e aptos con restricións ou a autorización de permutas entre traballadores temporais etc..