O vindeiro 13 de decembro o persoal laboral dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza temos unha cita para participar nas nosas eleccións sindicais e elixir o Comité de Empresa que nos vai representar nos vindeiros catro anos.

É o momento no que todas e todos podemos expresar a nosa opinión e participar votando por aquelas persoas que van defender os nosos intereses durante eses catro anos de intenso traballo e de recuperación de todos os dereitos que levamos perdendo nos últimos anos.

Podemos dicir que os obxectivos laborais son todos aqueles que atinxen á traballadora e ao traballador dentro do centro de traballo, aínda que a separación entre os obxectivos laborais e os obxectivos políticos ás veces non está clara, xa que existe un nexo, máis aínda no caso do persoal empregado público, cando o tema salarial se converte nunha decisión de goberno.

Coa CIG somos máis fortes na Administración Pública

Folleto informativo coas propostas e a candidatura da CIG: descargar.

Votacións:

  • Salón de actos grande do edificio administrativo de San Caetano
  • Xoves 13 de decembro de 2018, de 10:00 h a 16:00 h.
  • Servizo de autobuses co seguinte percorrido: Conxo-Gaiás-Área Central-San Lázaro-San Caetano.
  • De acordo coa lexislación vixente as/os electoras/es gozarán de tempo indispensable para exercer o seu dereito ao voto.