A CIG, xunto con UGT ven de solicitar a convocatoria da comisión paritaria de interpretación do convenio colectivo do persoal laboral para tratar os seguintes temas:

  • Interpretación da ausencia de ata 3 días por enfermidade sen baixa.

Dende a Consellería de Política Social estanse a descontar os días de ausencia por enfermidade de ata 3 días, cando o/a facultativo/a médico/a non da a baixa por IT, senón que receita un parte por repouso.

Dende a CIG entendemos que este tipo de repouso non debe conlevar desconto ningún, máxime cando ao persoal funcionario non llo realizan.

  • Estudo e proposta da adaptación normativa precisa que dote ao V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, dos preceptos comunitarios referidos á igualdade de trato, en concreto no referido ao dereito á permuta do persoal laboral temporal

Existen innumerábeis sentenzas onde se recolle o dereito a permuta entre persoal laboral temporal, polo que se debe adaptar o convenio a esta realidade.

  • Análise e conclusión do inciso final establecido no apartado 4 do artigo 7 do V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galiza: Adxudicación de posto a traballadores/as declarados/as en situación de incapacidade permanente total.

A data de hoxe estanse a negar ao persoal que ocupa un posto adxudicado por incapacidade permanente total, tanto adscricións temporais como traballos de superior categoría, polo que entendemos que se están a eliminar dereitos.