A Consellaría de Medio Rural quere poñer a planificación estratéxica dos incendios forestais e a coordenación operativa  de medios terrestres e aéreos  en mans dunha empresa privada.

A Consellaría de Medio Rural publica un concurso para a contratación dunha empresa que xestione o mando avanzado e o helicoptero de coordinación na loita contra incendios. Estamos ante unha contratación feita a medida da empresa Natutecnia, buscando flexibilidade e total disponibilidade no persoal e poder contrabir os dereitos laborais.

Non se trata dun servizo de asesoramento e coordinación como nos queren vender, senon que vai supoñer a delegación do mando dun servizo público esencial nunha empresa privada na que vai primar o rendemento económico.

Atrevémonos a prever problemas en canto que a cesión do mando vai supoñer falta de responsabilidade ante o persoal da Xunta (un problema que non é novo, pois todolos anos hai conflictos porque exercen mando sen ter responsabilidade legal na dirección de extinción que si a teñen os Axentes Forestais da Xunta e os técnicos directores).