Durante o ano 2010 a Cig-Admón. Pública vai impartir na comarca de Pontevedra os seguintes cursos para traballadores/as en activo da administraciión ( autonómica, central, local, xustiza, correos, universidade,...)


  • Cociña prática básica
  • Lingua de signos II ( é preciso ter o nivel I para o acceso)
  • Condución evasiva
  • Iniciación ao rappel para forestais
  • Procedemento administrativo
  • Lei 4/1994, de 14 de setembro, de estradas de Galicia

Os primeiros en levarse a cabo serán o de cociña prática básica e o de lingua de signos.

Para anotarse pode facerse a través da páxina www.forga.org ou cubrindo o modelo de solicitude ( dispoñible na zona de descargas desta web) e entregando en forga ou nos locais da cig de POntevedra.

NOTA: é interesante que todos/as aqueles que poidan  se anoten na páxina, pois asi  quedan xa rexistrados para vindeiras convocatorias, nas que a inscrición telemática será obrigatoria.