Achéganos Función Pública a relación de prazas a ofertar no vindeiro concurso de traslados de funcionarios e funcionarias de corpos xerais, dandonos de prazo até o 12 de abril para que lles fagamos chegar alegacións. A este respecto, convidámosche a que revises os listados e nos comuniques as túas consideracións, que podes facelo a través dos nosos foros na seguinte ligazón. Para descargar as relacións, vai á zona de descargas (arquivo comprimido en formato con listados por consellarías)

Función Pública segue a manter que o concurso estará convocado en abril e resolto en setembro. Porén, a CIG pon en dúbida que sexan quen de facelo, pois a dia de hoxe, 31 de marzo, inda non temos ningún rascunho das bases concurso nin data prevista para comezar as negociacións (e faltarían: xuntanzas con Función Pública, Mesa Xeral, Comisión de Persoal, DOG).

Mentres esto ocorre, a CIG xa puxemos o incumprimento da Lei da función pública en mans da nosa asesoría xurídica.

Respecto do concurso de escalas e facultativos, é vergoñento, pero segue sen arrancar, o mesmo que o de persoal laboral, que segue pendente de que Función Pública dea resposta ás nosas alegacións para a modificación do convenio colectivo que permita convocalo tras ser anulada a existencia do concurso por obra e graza de CCOO e CSIF.