Novas por contido

Última hora: Vamos estar o venres 16, ás 12 horas, na Dirección Xeral da Función Pública. Convidamosche a asistir.

Dun total de 170 prazas ofertadas para a promoción interna ao grupo auxiliar administrativo da Xunta de Galiza, o tribunal estableceu unha nota de corte que cobre 88 prazas, quedando outras 82 desertas (case o 50%).

Dende hai moitos anos o persoal que traballamos na Xunta sufrimos promocións internas absurdas, desastrosas e indecentes, pero por riba de todo inútiles xa nada teñen que ver co que realmente debera de ser unha auténtica promoción, nin máis nin menos que un merecido incentivo para o traballador e traballadora de cara a subir polos seus propios méritos ao seguinte chanto da carreira administrativa, carreira que por certo, xamais interesou a ningún goberno e que aquí brila pola súa ausencia.

Pois ben, a pesar de que a lóxica manda e demanda unha carreira profesional de verdade, aos funcionarios e funcionarias deste país colócannos na picota de pasar, previo pago de taxas, por probas contrarreloxo como é o caso para o ascenso a C2, onde a golpe de tictac ímos cubrindo un cuestionario que lle vai indicar ao tribunal de turno se somos ou non expertos no manexo de programas do grande monopolio Microsoft, monopolio dito sexa de paso, ao que a Xunta está atada a través de multimillonarios contratos, a saber que comenencias haberá detrás.

Dende a CIG sabemos que este tipo de probas nada teñen que ver co traballo que  realmente fai un auxiliar administrativo no seu posto e o denunciamos. Asemade denunciamos a desproporción que se da entre tódalas promocións internas e a falla de unificación de criterios para desenvolvelas, así coma a delegación que fai a Xunta nos tribunais para que estes tomen decisións draconianas nuns casos, e excesivamente brandas noutros.

Con todo, a Administración debera de ser escrupulosa até o máximo e manter un grau sumun de limpeza en tódolos procesos selectivos, impedindo tanta desigualdade, agravios, chanchullos en tribunais, etc, feitos que se constataron tras a expulsión dos sindicatos do control nos procesos.

Este venres, 16 de abril, a CIG ten convocados a unha concentración en San Caetano aos seus delegados e delegadas xunto cos traballadores e traballadoras afectados pola proba de promoción interna para o subgrupo C2 dende o corpo de subalternos da Xunta de Galiza. En canto teñamos lugar e hora, informaremos no web da CIG-Autonomica (http://autonomica.cigadmon.gal)

Vamos estar o venres 16, ás 12 horas, na Dirección Xeral da Función Pública. Convidamosche a asistir.

Outras novas recentes

Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...