Novas por contido

As actitudes de vulneración dos dereitos dos traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza en Ourense por parte de quen ocupa o sillón de Delegado Territorial, Rogelio Martínez e de quen realmente exerce dende a sombra, José Selas son cada vez máis descaradas e evidentes.

Dende a CIG denunciamos que a adopción de instruccións sobre o descanso diario, vacacións e permisos por asuntos propios vulnera gravemente a legalidade vixente.

A CIG xa solicitou a retirada desta instrucción por non estar negociada e por non axustarse á lexislación vixente xa que estamos ante unha actitude que vulnera o estabelecido no Estatuto Básico do Empregado Público no que nada se recolle ao respecto sobre a distribución dos días nin sobre a antelación mínima de petición, o mesmo se deduce do establecido no decreto lexislativo 1/2008 o cal, unicamente, puntualiza que haberá que atender ás necesidades do servizo, pero tamén deixa moi claro que estes días por asuntos propios poderá dispoñerse deles sen xustificación, o cal significa que sempre que as necesidades de servizo estean cubertas non se pode obrigar a ningún traballador a collelos nun período ou noutro do ano.Respecto á antelación mínima de 15 días para solicitalos excepto supostos de urxencia, suposto que libremente vai valorar o xefe/a, é totalmente ilegal xa que vulnera claramente os dereitos dos empregados e empregadas da Xunta de Galiza a disfrutar destes días, dereito que non se pode pisar baixo a premisa de necesidades do servizo, necesidades que, en moitos dos casos, se estabelecen dunha maneira polo xefe ou xefa de turno.

Ademais de todo o exposto anteriormente hai que salientar que estas instrucción foro ditadas sen unha reunión previa cos representantes dos traballadores e traballadoras o que vulnera de novo a legalidade vixente. A esto engadímoslle a instrucción aos xefes de servizo para o establecemento de quendas fixas no descanso diario cuestión novamente ilegal, non negociada e que prexudicará os servizos e causará novos problemas.

A CIG denuncia tamén a covardía de quen utiliza a vella premisa de que paguen xustos por pecadores, criminalizando a todo un colectivo polas actitudes duns poucos e, no canto de asumir e actuar nos casos puntuais, se utilicen recortes de dereitos colectivos para xustificar a adopción de medidas que tiñan que ser singularizadas. Así, con esta estratexia, Selas e o seu boneco Rogelio, disimulará os incumprimentos da corte de aduladores diluíndoos, trasmitíndollos e, por último, infectando a todo un colectivo que non ten culpa ningunha diso e que se ve, así, manchado polas actitudes dos pelotas de turno.

Nota: Se queres o cartaz podes descargalo facendo click na imaxe ou ben a través da sección de descargas da nosa web

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...