Esta semana, CIG-Autonómica presentou o seguinte escrito ante a Dirección Xeral de Montes:

Considerando a proximidade da tempada de máximo risco, a falla de transparencia desa consellaría á hora de facilitar datos, a política de externalizacións e privatizacións que están a levar a cabo entorno as competencias atribuídas a esa consellaría no referido a prevención e extinción de incendios forestais, e o recurso constante a fórmulas de contratación de asistencias técnicas para traballos estructurais propios de ser prestados pola propia Administración, a CIG-Autonómica, en representación dos/as traballadores/as do sector, ESIXE, por considerar que é materia de negociación colectiva e participación institucional, unha reunión con esa consellaría para valorar os seguintes puntos:


  • Todas as contratacións do PLADIGA deben facerse a través do Decreto 37/2006.


  • A ampliación a fixos-discontinuos do colectivo de técnicos.


  • Pór fin á contratación do persoal a través de empresas como SEAGA ou TRAGSA.


  • Reversión da privatización do exercicio da competencia de dirixir e planificar a prevención de incendios forestais.


  • Compromiso para impedir a volta á contratación a través das redes clientelares dos concellos.


  • Non é adecuado que a mediados de abril aínda non se dispoña de previsións de contratación, nin das necesidades de efectivos en cada Distrito.


  • Elaboración dun plan de formación continua para o persoal do SPDCIF.


  • Xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de Incendios para darlle impulso.