Xuntanza entre a directora do ISSGA e as organizacións sindicais, trala denuncia do acordo de gardas. Dende a CIG demandamos o seguinte:

  1. Incremento dos días de especial significado: pedimos que estos días se amplien a aqueles 14 festivos marcados anualmente polo calendario  laboral, e dentro destes con especial relevancia os de Semana Santa.
  2. Plantexamos un incremento da cuantía das gardas: o que contestan que están o dispor de Economia e que non teñen independencia económica.
  3. RPT do organismo: requerimos a negociación da RPT,  informan que está elaborada  pero que queren crear outro foro de negociación. Contestamos que nos convoquen xa a negociar pois esto non fai mais que retrasar todo o proceso. Dentro desta negociación falarase da reconversión das amortizacións en novos postos que sexa necesario crear para adaptarse as novas funcions do instituto; pensan asumir competencias que tiñan contratadas.
  4. Comisión Paritaria de seguimento do acordo: tal como se recolle no acordo pedimos que se cree a comisión de seguimento.
  5. Decreto Integración de escalas: a Administración convocará en breve os sindicatos para negociar este decreto.

Por parte da dirección so comunicaron as intencios de negociar a RPT e o decreto de integración das escalas,  sobre as demais demandas prantexadas non entraron en negociación. Indicamoslle a dirección do ISSGA que para que exista negociación deben tratar as demandas feitas.


Novamente presentaremos as nosas reinvidicacións para debate e quedamos emprazados para unha vindeira reunión na primeira semán de maio.