Novas por contido

Algunhas traballadoras e traballadores tiveron vai uns días unha pequena alegría no que ven sendo un mar de tristura no aspecto retributivo ao que nos ten acostumadas e acostumados a Administración. Estas pequenas nóminas   teñen que ver coa materialización e atrasos do reparto duns acordos retributivos que quedaron no limbo. Pequenas alegrías a parte, o verdadeiramente difícil é aclarar as cantidades que deberan corresponder a cada quen.

A historia desta nómina inesperada nace co acordo retributivo do 2006 (recollido no artigo 12.3 da lei 14/06, de orzamentos para 2007) que establecía que no 2008 e 2009 se reservaría un 10% da suba prevista para eses anos (1,75% e 2%), para os efectos de aplicar esa cantidade ao incremento dos correspondentes complementos nalgúns postos de traballo. A determinación dos postos e as contías serían obxecto de negociación.

No 2008 a Administración presentou unha proposta de reparto que foi aplicada unilateralmente por esta: aplicación do complemento de funcións ao persoal laboralizado, mellora do plus de especial dedicación, de específicos diferenciais por condución de vehículos, para os postos de habilitados de persoal ,  con horarios especiais, implantación do traballo de tarde e aproximación das retribucións das Xefaturas de Servizo de Provincias ás Xefaturas de Servizo de Servizos Centrais.

No 2009 a Administración presentou outra proposta de reparto que foi de novo aplicada unilateralmente e que se refería a incrementar o plus de especial dedicación do persoal laboral, incrementar o complemento específico dos postos base de todos os grupos de funcionarios e compensar ao persoal que non percibiu as cantidades repartidas no 2008. Pois ben, hoxe en día, abril de 2010, parece que por fin se materializa a aplicación dese acordo. E insitimos en que parece porque dende a CIG-Autonómica non temos comunicación da súa materialización. É máis, dende algunhas habilitacións de persoal tampouco teñen claro este aspecto.

Se se trata da materialización do reparto acordado no 2006, as cantidades serían consolidables. Os persoal funcionario en postos base -3.000 efectivos aproximadamente- verían crecer nunha certa cantidade o complemento específico (no borrador que presentou a Xunta no seu momento falábase de "percibir en cómputo anual entre 120-150€") e o persoal laboral con especial dedicación -4.300 efectivos aproximadamente- verían como aumenta o seu plus en "116 € aproximadamente en cómputo anual'".


Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...