Novas por contido

A CIG - Autonómica esixe a dimisión do Conselleiro de Economía e Industria por represión sindical e despedimentos improcedentes na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, dependente organicamente da Consellería de Economía e Industria, efectuou no día de onte novos despedimentos improcedentes de persoal técnico sen poñelo en coñecemento previo dos representantes sindicais do Comité de Empresa e recoñecendo a improcedencia dos mesmos. Esta dinámica de despedimentos súmase a outros efectuados trala incorporación de Covadonga Toca como xerente no ano 2009, que foron dictaminados nulos por represión sindical tralo informe da Inspección de Traballo da Seguridade Social. Ditos despedimentos emárcanse nun ambiente de auténtico terror e acoso laboral dende a chegada da actual xerente, posta no cargo polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra para adelgazar este ente “custe o que custe”.

Esta Fundación acumula xa no xulgado varias denuncias por despedimentos nulos, entre as cales, e de momento, 3 foron falladas a favor. Ademáis foi levada xa varias veces á inspección de traballo (no que consta un informe que pon de manifesto o acoso laboral) non só por acoso laboral senón por persecución sindical. Unha vez tras outra a xerencia torpedeu o proceso electoral como agora está a torpedear o traballo do actual Comité de Empresa, represaliando especialmente  a esta central sindical que dende o primeiro despedimento denunciou estas actuacións. Á dinámica de despedimentos súmanse os 6 efectuados no día de onte.

A política de despedimentos desenvolvida por Covadonga Toca foi criticada reiteradamente polos representantes sindicais da CIG-Autonómica , que agora piden a dimisión do conselleiro de Economía e Industria, responsable último como Presidente da Fundación e coñecedor da situación de nulidade dos despedimentos efectuados con anterioridade e da represión sindical á que están sometidos os representantes dos traballadores. O menosprezo aos representates sindicais e a desinformación foi a tónica dominante en tódalas actuacións desenvolvidas pola xerente dende a súa chegada, feitos que tamén foron denunciados perante a inspección de traballo por este sindicato e comunicados por escrito ao conselleiro de Economía e Industria.

Estes feitos son un exemplo máis de como a Xunta de Galiza confía na administración para xestionar a crise, transferindo o diñeiro público cara a contratacións con empresas privadas. Na mentres o resto de países europeos apostan polo I+D+I para saír da crise, en Galiza os xa minguados e recortados orzamentos adicados a este obxectivo acaban por irse día tras día polo desaugadoiro nun continúo goteo de contratos “a dedo” e despedimentos nulos e improcedentes de traballadores e traballadoras, como sucedeu co Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) e a rede de software libre e de fontes abertas (MANCOMÚN), que agora se atopan en mans privadas xestionadas a través de asistencias técnicas e diversas consultoras.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos estes feitos e esiximos a dimisión do conselleiro de Economía e Facenda, como responsable e consentidor desta situación,  non descartando establecer un calendario de mobilizacións así como tomar as medidas legais oportunas.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.