A Consellería de Traballo e Benestar (tamén coñecida como Consellería do Paro e Malestar) quere desmantelar o Centro de Asistencia e Educación Especial "Santiago Apóstolo", que atende a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 6 e 24 anos.

A Xunta de Galiza pretende pasar este centro á Consellería de Educación, que atende só ata os 21 anos, o que implica eliminar prazas vacantes, e trasladar ao persoal fixo "sobrante" a outros Centros.

Fronte a esta situación, tanto o Comité de Empresa como as traballadoras e traballadores queren que se abra o "Santiago Apóstolo" a adultos/as, o que permitiría cubrir una necesidade social, e garantir os postos de traballo do persoal do centro. A Consellería négase. A Consellería quere gastar o diñeiro público nos centros privados.

Esta postura inadmisíbel da Consellería xa tivo varias protestas públicas, concentracións, apoios de Concellos gobernados polo BNG e PSOE, apoio cidadán concretado tanto na recollida de sinaturas como na páxina de facebook:"CENTRO DE ASISTENCIA E DE EDUCACION ESPECIAL SANTIAGO APOSTOL (A CORUÑA)"

A próxima protesta é una Folga o martes 18 de maio cunha Manifestación que sairá ás 10 da mañá dende o Centro Santiago Apóstolo até o Edificio Administrativo de Monelos, Folga e Manifestación apoiadas pola CIG e na que solicitamos o voso apoio, porque este Centro Público é importante para a Comarca da Coruña e arredores, e porque temos que facerlle fronte a política antisocial do Partido Popular que dende o Goberno da Xunta está a destruír os Servizos Públicos Sociais.