RESUMO REUNION DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAUDE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DE PONTEVEDRA.

 O día 10 de  maio celebrouse na Sala de Xuntas (A) do Edificio Administrativo de Pontevedra, a xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde.

 Tratáronse os seguintes temas:


.Plan de Acción:

 O SPRL, comezou dando conta das medidas correctoras adoptadas para os postos xerais.

- Caídas por escaleiras, esvaróns e tropezóns: instaláronse     pasamáns, aplicouse tratamento antiesvaradío, retiráronse os obxetos de zonas de paso. Distribuiranse recolledores de cables, par evitar tropezóns.

- Incendios, suxeitáronse e sinaláronse adecuadamente os extintores.

- Desconfort térmico: instalar un sistema de humidificación do ambiente. Comunica o Xefe Territorial que non van a adoptar esta medida correctora polo excesivo custo que lle supón.

Segundo o establecido no Plan de Acción, as mesas deben manter a  distancia adecuada do sistema das saídas de aire.

-   Trastornos músculo esqueléticos: Sen realizar.

-   Golpes: Sen realizar

-  Fatiga visual: sen realizar, falta adecuar o nivel de luz os posto de traballo.

 As representantes da CIG expuxeron o seguinte:

-         Que se deberá informar directamente a cada traballador dos riscos específicos  que afecten a seu posto de traballo ou función, e das medidas de protección e prevención aplicables.

-         Que segundo se desprende do artigo 16 da LPRL, a avaliación de Riscos debería elaborarse por postos e non de xeito xenérico. Debe recoller os cambios producidos; non tiveron en conta a redistribución nas plantas das distintas Consellerías.

 -         Que non se tiveron en conta as persoas con especial sensibilidade na avaliación; polo que non se adoptaron as medidas preventivas e de protección necesarias para a súa saúde.

-         Que no plan de acción viña estipulado que se debería designar unha persoa por planta encargada de revisar o botiquín. Que a Sala de lactación deberá dispor dun sillón nas que as usuarias poidan descansar tombadas.

-         As fontes de auga potable deberán estar sinaladas e ser suficientes.


.Simulacro de evacuación do Edificio:

O SPRL, informa que se está a levar a cabo a implantación das medidas de emerxencia. Para elo realizarase un simulacro de evacuación, onde se contará coa colaboración dos dispositivos de emerxencia. Así mesmo, para o persoal do edificio impartiranse unhas xornadas de información sobre  medidas de emerxencia, durante os días 18, 24, e 25 de maio, de media hora de duración.

.Outros

    1.As queixas sobre o sistema de ventilación,  canalizaranse vía e-mail a “mantemento.po@xunta .es.

    2. A CIG Entrega escrito onde se da conta das deficiencias na vixilancia da saúde.

   3.Dende CIG, requerimos a Administración para que asuma a súa responsabilidade na saúde dos traballadores, e adopte as medidas necesarias para correxir as          deficiencias no Edificio Administrativo.


 Para calquera acraración sobre os temas tratados ponte en contacto con:

maria.jose.crespo.hermida@xunta.es

galizachora@yahoo.es