Ante o anuncio feito polo presidente do goberno español,  Sr. Zapatero, de rebaixar nun 5% os salarios das empregadas/os públicos, na CIG confirmamos ,unha vez máis, que esta era unha das medidas que se ían aplicar no sector público para seguir coa campaña iniciada de precarización e desprestixio do servizos públicos, e a xustificación perfecta para tomar medidas cada día máis regresivas no eido laboral.

Ante a gravidade destes feitos,  desde a  CIG, unha vez que tivemos coñecemento disto, convocamos a todas as organización sindicais para que en pé de igualdade, e con unidade sindical,  elaborásemos un calendario de mobilizacións co obxectivo de parar as medidas  impulsadas polo goberno español. As organización sindicais CCOO, UGT e CSIF non responderon  á convocatoria de reunión que a CIG lles fixera chegar, pero a pesares disto a CIG sí acudiu á convocatoria que estas organización sindicais nos fixeron chegar.

O día 18 de maio, ás 16,30hs, iniciase a reunión das organización sindicais , desde a CIG, e sendo respectuosas/os co calendario de mobilizacións que eles tiñan convocados en todo o Estado Español, propoñémoslle ampliar este calendario, dando participación nas mobilizacións as/os traballadoras/es , e que o calendario de mobilizacións non se convertera , unha vez máis, en medidas cara a galería para lavar a súa imaxe.

Despois de transcorridas 3 horas de reunión acadamos un acordo de calendario, onde a CIG en aras á unidade sindical deixamos para unha posterior reunión o resto de mobilizacións, que cremos debemos levar a cabo para parar as medidas do goberno. O  calendario pactado contiña as seguintes medidas:

  • Concentracións o día 20 de maio nas sete cidades galegas chamando á participación das/os traballadoras, as 19 horas.
  • Anuncio da convocatoria de folga o día 8 de xuño.
  • Comunicado conxunta das organizacións sindicais convocantes anunciando as mobilizacións acordadas.
  • Manter unha próxima reunión o día 24 de maio,ás 16hs , xa que o día 20 de maio está convocada a Mesa Xeral da Función Pública en Madrid. Este día coñeceremos o alcance das medidas.


Como CIG insistimos perante as organización sindicais que se o día 20 o goberno mantén as medidas anunciadas deberíamos recrudecer as mobilizacións ,facendo un calendario conxunto.

Ás 9  da noite, e transcorridas máis de 4,30hs de reunión, as organización sindicais CCOO, CSIF e UGT, comunícannos que non queren manter a unidade sindical coa CIG, que se desdicen do calendario pactado entre todas as organización e que eles van  seguir co seu calendario.

Ante esta situación como CIG  transmitimoslles que ante todo e entre persoas adultas hai que ter un mínimo  de decencia e de vergoña. Se a súa intención era non pactar un calendario coa CIG, podíanolo dicir antes.

A valoración que facemos disto é:

A CIG  neste momento é una organización sindical incomoda para CCOO, UGT e CSIF. xa que o único que pretenden é dar una imaxe cara as/os traballadoras/es de que van a convocar mobilizacións para parar as medidas do goberno, mentres os seu dirixentes pactan en Madrid co goberno as devanditas medidas.

Neste momento as/os traballadoras/es públicos somos a moeda de cambio de CCOO, UGT e CSIF para conquerir do goberno medidas que non sabemos a quen van a beneficiar.

A CIG seguirá adiante co seu calendario de mobilizacións, informando puntualmente a toas/os das medidas que pretende adoptar o goberno, ase mesmo informaremos do que acontece na Mesa Xeral da Función Pública en Madrid. Para que todo o persoal coa información suficiente poida tomar as súas decisións

Non te deixes enganar por quen una vez máis antepón os seu interese aos interese das traballadoras/es. Que estraños intereses teñen para que a  presenza da CIG lles moleste tanto?