En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos: participa na folga do día 8 de xuño.

Ver cartaz cos lugares e horas das diferentes manifestacións.

O dereito á folga é un dereito fundamental recollido no artigo 28.2 da Constitución. Do mesmo xeito, o Estatuto Básico do Empregado Público recolle este dereito para as empregadas e empregados públicos.  Por outra banda hai que recordar que as persoas que exerzan o dereito á folga non terán dereito nin percibirán as retribucións correspondentes ao tempo que permanecesen nesa situación sen que a dedución de haberes teña carácter sancionador, nin afecte ao réxime respectivo das súas prestacións sociais.

Recordamos que a traballadora ou traballador non ten obriga de comunicar a súa intención de ir á folga con anterioridade. O EBEP establece como falta moi grave a realización de actos encamiñados a coartar o libre exercicio de dereito á folga pero tamén o incumprimento dos servizos mínimos. Xa que logo recomendámosche que consultes o decreto que regula estes para ver se o teu posto pode estar afectado. En todo caso se tiveras algún tipo de presión ou dificultade para exercer este dereito fóra dos servizos mínimos estipulados ponte en contacto coa CIG que tomará todas as accións legais e sindicais oportunas. O día da folga a administración pasará uns controis de sinatura especiais; as persoas que non asinen nun marco de tempo determinado, e non xustifiquen a posteriori a súa ausencia, suporase que van á folga.


* Hai un erro no cartaz. En Ourense a Manifestación sairá dende a Praza Maior non dende o Pavillón dos Remedios como indica o cartaz