Novas por contido

O principal punto da orde do día desta Mesa Xeral era a discusión da orde que regula o horario de verán, porén a sorpresa chegou cando o director xeral da Función Pública comunicou a intención de modificar ás bases do concurso de traslados no referente ao persoal de escalas.

Coa modificación prevista no concurso de traslados de corpos xerais terán que abrir un novo prazo de presentación de solicitudes, exclusivamente para persoal de Escalas, pero coa mesma data límite para a valoración de méritos que o persoal de corpos xerais. Esta modificación arguméntase en que nas prazas ofertadas hai 27 abertas a Xeral/Escalas. Despois de varios recursos sobre o impedimento de concursar ao persoal de Escalas, reestudaron a sentenza xudicial na que baseaban ese impedimento e conclúen que a interpretaron erroneamente. Xa que logo, o concurso de corpos xerais debe estar aberto para este persoal.

No referente á discusión sobre a orde que regula o horario de verán publicada no DOG do 18/06/2010, a polémica atópase no ambito de aplicación. Dende a CIG esiximos que este dereito se faga efectivo para todo o persoal da Xunta de Galicia e que no caso do persoal suxeito a un réxime especial de horario ou que non poida desfrutar da xornada de verán, se lle compense o exceso de xornada feita durante este periodo. De novo, un ano máis, e coa calada por resposta, volve a imperar o nefasto argumento de "así se fixo sempre".

No apartado de preguntas a CIG sacou os seguintes temas:

  • Procesos selectivos en desenvolvemento: tomas de posesión. O A1 vai de vagar e vai ser o último. O A2, C1 e C2 están case rematados; a semana vindeira enviarán vacantes de A2-libre e en xullo poderían tomar posesión. A orde de elección vai ser primeiro libre e despois consolidación. A promoción interna queda adiada para despois do concurso.  Compre dicir que a CIG defende, e defendeu sempre, o que está establecido na lexislación: as tomas de posesión da promoción interna primeiro que as de acceso libre.


  • Concurso de traslados. Prevén que estará rematado para finais de ano.  Desbotan a previsión inicial de setembro-outubro xa que, ademáis do retraso pola modificación das bases con relación ao persoal de escalas, hai moitas mais solicitudes que no anterior. 


  • Promoción de consolidación de grao C1: Lembrámoslles que nunca mais se soubo da consolidación de grao para 100 postos de C1 que se publicara coa OEP do 2008.


  • Enxeñeiros Industriais da D.X. I+D+I. Preguntamos pola intención da consellaría de corrixir os erros detectados na RPT, consistente en que varios postos de Enxeñeiros Industriais están encadrados na subdirección xeral incorrecta. Resposta o representante da consellaría que teñen intención de corrixilo.


  • Privatización Volta do Castro. Facemos pública a información que nos está a chegar sobre as intencións de Traballo de privatizar este centro.  O representante da consellaría, un subdirector xeral de persoal, asegurou que non ten información máis de que hoxe houbo unha xuntanza entre a Secretaria Xeral e o Comité de Empresa da Coruña.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...