A Consellaría de Educación, no seu intento de aforrar custes nos colexios onde hai comedores escolares de xestión directa, é dicir que contan con instalacións propias e persoal da Xunta de Galicia,  para o próximo curso escolar 2010/2011, pretende suprimir o dito servicio público e substituílo por empresas de cátering segundo informou a propia consellería.

Con esta medida a Administración incrementaría os custes de mantemento deste servizo en 11.303 € anuais por cada colexio con 25 comensais. E non só e o custe e o despilfarro de cartos públicos, senón que a calidade dos productos ofrecidos aos/as nenas decaería ao utilizar as empresas de cátering productos precociñados e non frescos. Todo isto a pesar de que xustifican as medidas nun excesivo custe de persoal, cando eses custes nas empresas de cátering están repercutidos sobre os prezos unitarios. De aí que o custe unitario dos cáterings sexa 5 veces maior que os do servicio público.

Esta medida vai a ser aplicada, nun principio, en 9 colexios de toda Galiza o que supón unha diferencia de 101.727 €.  Este e o aforro que pretende facernos ver este goberno. Neste momento a Consellería pretende cerrar as prazas de acceso o comedor escolar para non ter que aumentar o numero de traballadores nos centros xa que a demanda é cada vez maior, habendo nalgúns deles carga de traballo en máis de 25 comensais sobre o establecido para o número de cociñeiros/as.

Dende a CIG-Autonómica seguiremos tratando de impedir que se sigan a privatizar servizos públicos e que se lle entreguen a mans privadas, supoñendo ademais un derroche de cartos públicos

DIFERENZA DE CUSTE ENTRE UN COMEDOR PÚBLICO E UN SERVIZO DE CÁTERING (Para 25 comensais durante o curso escolar 2010/2011)


COMENSAIS

DIAS

CUSTE UNITARIO

SALARIO COCIÑEIRO/A

TOTAL

CATERING

25

176

8,50 €

Salarios incluidos no custe unitario

37.400 €

SERVIZO PUBLICO

25

176

1,98 €

17.385 €

26.097 €





DIFERENZA

11.303 €