Novas por contido

A CIG denuncia un novo xeito de desmantelar un servizo público esencial na Galiza da Xunta: negar que exista. A Consellería de Medio Rural basea o seu planeamento na loita contra incendios forestais de Galicia no PLADIGA, neste documento veñen recollidas as Brigadas de Investigacións de Incendios Forestais - BIFF - (no PLADIGA 2010, páxina 81) polo que é sorprendente que a propia Xunta negue a súa existencia.

Dende a CIG denunciamos o desmantelamento pola non cobertura de vacantes de axentes forestais, a retirada de material específico para o seguimento de indicios e a recollida de probas...a falta de formación continua e sobor de todo a deixadez na coordinación coas fiscalía. Agora vese claramente que a  intención da Xunta de Galicia é a eliminación das BIIF e non hai xeito máis perverso de desmantelar un servizo público tan esencial na Galiza como NEGAR a súa existencia.

Tódolos axentes forestais poden realizar a investigación de un incendio forestal e, como axentes de autoridade e policía xudicial, actuar no seguimento destes delictos ata a detención do presunto incendiario porque así o reflexa a súa normativa de funcionamento. Agora ben, ante o grande numero de incendios forestais que hai en galicia e o pequeno número de axentes forestais (350 aprox. si se cubren vacantes) que teñen que adicarse a dirección da extinción de incendios, crearonse as Brigadas de Investigación de Incendios Forestais no 2001. Estas BIIF compostas por dus axentes forestais por Distrito especializados, e que estaban dotados de medios e material,  adicarianse exclusivamente a investigación cuns horarios diferentes ao cadro de gardas dos outros compañeiros axentes e en coordinación coa fiscalía.

Por outra parte o PLADIGA 2010 recolle a coordinación das BIFF cos Corpos de seguridade do Estado, xa que estas realizan a investigación no lume e os corpos policiais a detención do presunto incendiario.

Coincide tamén que a Policía Nacional vai adicar persoal a investigación de incendios e así o veu anunciando na prensa en días anteriores, logo ¿Non e iste unha eliminación clara dun servizo público que estaba en funcionamento e que agora vai asumir en exclusiva os corpos e forzas de seguridade do Estado?

Entón, agora a negativa a existencia das BIIF da Xunta de Galicia, que vai supor, ¿Vanse negar a cubrir as vacantes de axentes forestais?, ¿Van seguir a retirar material e medios aos axentes que conforman a día de hoxe as BIIF?, ¿Van eliminar as Brigadas de Investigación de Incendios Forestais que eles mesmos crearon?

Denunciamos a demagoxia da Xunta na súas respostas aos medios de comunicación ante a denuncia da CIG, e a lixeireza con que se toma a protección do medio ambiente e medio rural galego.

Por todo isto dende a CIG voltamos a reclamar a cobertura das vacantes de axentes forestais e o funcionamento activo  das BIIF.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...