Novas por contido
As listas oficiais de Conductor/a de motobomba (persoal laboral grupo III - categoría 33) atópanse esgotadas en varios departamentos territoriais da consellaría de Medio Rural. Xa que logo,  estanse a facer chamamentos xenéricos a través de convocatoria pública.  O requisito específico é o carné de conducir C e a titulación esixida é a de graduado escolar ou equivalente. O prazo de admisión de solicitudes rematará o vindeiro 6 de xullo. A lista de prazas ofertadas son as seguintes:

A Coruña:
- Distrito Forestal I. Ferrol: 5 prazas.
- Distrito Forestal II. Betanzos: 5 prazas.
- Distrito Forestal III. Ordes: 1 praza.
- Distrito Forestal IV. Barbanza: 1 prazas.

Lugo:·
- Distrito Forestal VI. A Mariña Lucense: 5 prazas.
- Distrito Forestal VIII. Terra de Lemos: 9 prazas.
- Distrito Forestal IX. Lugo - Sarria: 1 praza.
- Distrito Forestal X. Terra Chá: 1 praza.

Ourense:
- Distrito Forestal XI. O Ribeiro - Arenteiro: 1 praza.
- Distrito Forestal XII. Miño - Arnoia: 9 prazas.
- Distrito Forestal XIII. Valdeorras - Trives: 7 prazas.
- Distrito Forestal XIV. Verin - Viana: 2 prazas.
- Distrito Forestal XV. A Limia: 8 prazas.

Descargar bases da convocatoria e anexos coa solicitude e acreditación de méritos.

Outras novas recentes

Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...