A CIG-Autonómica, xunto con CCOO, CSI-F e UGT, vén de solicitar unha reunión cos responsables da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, co fin de tratar diversas cuestións relativas á interpretación das normas e acordos referidas ao persoal funcionario da Administración xeral da Xunta destinado en centros de ensino dependentes da dita consellaría.

Neste sentido, e logo da difusión por parte da Consellaría dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza sobre á situación dos horarios dun centro con anterioridade ao Acordo para o persoal dos centros de ensino de 2008, a CIG-Autonómica e o resto das organizacións sindicais lembran o compromiso adquirido pola Administración.

En calquera caso, a CIG-Autonómica defende a plena validez do acordo de 2008 e da normativa de Función Pública na Consellaría de Educación, e lembra a obriga de cumprir a legalidade vixente por parte das direccións dos centros, respectando os dereitos e intereses lexítimos do persoal funcionario da Administración xeral.