Novas por contido

Dentro da orde do día do Comité de Seguridade e Saúde Laboral Intercentros da Xunta de Galicia do pasado 1 de xuño tratáronse temas de importancia como o informe de siniestralidade  ou  a renovación do contrato coa mútua actual. Porén, ao director xeral da Función Pública 1 hora e 20 minutos cada 3 meses parecíalle demasiado tempo para dedicar á saúde dos seus traballadores e pediu que se acortase a reunión.

A CIG valoramos os datos do informe de sinistralidade como escasos. Botamos en falta o desglose de accidentes por centros/postos para que se poda ver a incidencia de accidentes en determinadas tarefas e así pedir a adopción de melloras. Neste informe destaca que os accidentes investigados apenas chegan o 50 %, Por que non se investigan os accidentes? O xefe do Servizo de Prevención en SSCC bótalle a culpa as persoas que ocupan os postos do Servizo de Prevención nas provincias. Dende a CIG a resposta parécenos dunha absoluta irresponsabilidade.

Por outra banda, a Administración informa  que se vai a ampliar o contrato con Mugatra (Servizo de Prevención Alleo) a pesar de que as OO.SS. demandamos que a xestión da prevención a realice a Xunta con persoal propio.

Trátase tamén o tema das fumigacións nas bibliotecas de Cultura e a Administración informa que se van facer medicións de restos na biblioteca-arquivo do Reino de Galicia, aínda que xa plantean dificultades por non haber valores límite de exposición aos productos. Por outra banda o servizo de prevención alleo explica que o protocolo de fumigacións en centros públicos obriga a empregar o biocida menos tóxico pero, que si "o que se emprega custa 10 e o menos tóxico custa 100, loxicamente empregarase o que custa 10" Logo a saúde dos traballadores/as e usuarias/os das bibliotecas públicas é unha cuestión de custo?

No apartado de suxestións e preguntas, a CIG sacou os seguintes temas e propostas:.

1.Solicitamos de novo a xuntanza de tódolos Comités de Seguridade e Saúde Laboral; algún deles leva sen reunirse máis de ano e medio pese que a Lei establece que estas reunións serán trimestrais.

2.Demandamos que se tomen medidas de xeito inmediato de cara a protección das traballadoras e traballadores na loita contra incendios na Consellería de Medio Rural polos seus EPIS e a roupa de traballo que non ofrecen nas prestacións mínimas que require o nivel de risco ao que están expostos. Pomos como exemplo aos axentes forestais que teñen uniforme 100% acrílico  para  realizar as súas funcións na dirección da extinción de incendios.

Recordámoslle a este Comité de Seguridade Saúde Intercentros que o ano pasado dende a CIG denunciamos que non se avaliaron os postos dos Distritos Forestais na Inspección de Traballo. Gañamos a denuncia e a Administración tivo que avaliar por requirimento do INTSS pero nada se soupo do resultado destas avaliacións. Temos constancia  de que, non só neste caso, a Xunta de Galicia SECUESTRA as Avaliacións de Riscos Laborais a pesar da obriga legal de telas nos centros de traballo a disposición do seu persoal. Agora a Administración di que vai enviar a acta do día de hoxe a Medio Rural coa solicitude de que se isto se subsane... 1 ano despois.

3.Acordo de Participación: A Administración explica que esta parada a súa publicación porque a CSIF non esta de acordo co numero de persoal laboral no seo do Comité de Servizos Centrais de San Caetano despois de ter votado favorablemente ao mesmo.

Outras novas recentes

Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...