Novas por contido

Cando a mensaxe que está a mandar continuamente a Xunta de Galiza e o seu Presidente é de que hai que apretarse o cinto, de que estamos nun momento delicado para o País e que non hai diñeiro, todo isto parece que non vai coa Consellería de Traballo e Benestar que se dedica a dilapidar os recursos públicos a mans cheas.

A última é a Adxudicación de atención teléfonica a usuarios do Servizo Público de Empleo de Galicia, por un importe de 295.744,33€ IVE Incluído, a empresa adxudicataria deberá formar un equipo composto por un coordinador e nove teleoperadores.

O obxecto do contrato é  "proporcionar aos usuarios do Servizo Público de Emprego de Galicia, tanto a demandantes como a empresas ofertantes de emprego, toda a información que precisan en materia de xestión de ofertas, liñas de promoción do emprego e outros programas da Consellería de Traballo e Benestar"

Dende a C.I.G.-Autonómica queremos denunciar esta nova privatización dun servizo que ten que ser dado pola Subdirección Xeral de Colocación, facendo novamente unha escandalosa mostra de deixación de funcións e malgastando os poucos recursos públicos que temos.

Instamos a Conselleira de Traballo e Benestar a que anule esta adxudicación e obrigue a Subdirección Xeral de Colocación a que dote o servizo dos medios necesarios para a atención teléfonica aos cidadáns galegos, dende a xestión pública, con profesionalidade e calidade.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...