Coa sinatura coa Administración da modificación do V Convenio Colectivo o 29/07/2010, o concurso de traslados,  a toma de posesión definitiva de 2005 e os procesos de consolidación e estruturación do persoal laboral ficarán por fin máis preto.

O Comité Intercentros, cos votos favorables de CIG e UGT, vén de asinar coa administración autonómica a modificación do V Convenio Colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia. A Administración achegará esta modificación á Dirección Xeral de Relacións Laborais para o seu rexistro e publicación no DOG.

A CIG, nun exercicio de responsabilidade,  aceptou corrixir a desorde provocada pola sentenza do TSX de Galicia auspiciada por CCOO e a que se sumou a CSIF e, deste xeito, garantir a inmediatez da convocatoria do concurso xeral de traslados, da toma de posesión definitiva dos traballadores e traballadoras que superaron a oferta de emprego do ano 2005 e proceder á convocatoria dos procesos de consolidación e estabilización.

Dende a CIG esixímoslle a Administración a convocatoria inmediata das mesas negociadoras que permita executar as disposicións do V Convenio e, no concreto, as que foron anuladas pola sentencia promovida por CCOO e reformuladas con este acordo de modificación entre o Comité Intercentros e a Administración Autonómica.