O Tribunal Supremo vén de confirmar a sentenza do TSXG onde se lle obriga a Xunta de Galicia a pagarlle a nocturnidade ao persoal do SPDCIF.

A partir de agora o persoal que xa tivera presentada a demanda no xulgado, estando paralizada pola resolución do Supremo, verá como se reactiva resolvéndose dunha vez por todas. O persoal que non tivera feito a reclamación pode pasar polos locais da CIG a facela.

CC.OO. terá que explicar agora por que non asinou o acordo e por que se posicionou en contra da denuncia no xulgado, nun intento de perxudicar ao persoal do Servizo de incendios. Cada día estase a demostrar de xeito máis claro que o que motivaba a CC.OO. non eran os intereses do persoal do SPDCIF, senón outros ben distintos.

Agora diranvos que os seus servizos xurídicos vos poden levar as reclamacións, incluso pode que vós pidan diñeiro por facelo, pero o certo é que puxeron todas as pedras posíbeis no camiño para que a Xunta de Galicia non pagara, boicoteando o proceso,  Por fin, quedou demostrado que a Xunta ten a obriga de pagar, é dicir, que si se traballa de noite cóbrase a nocturnidade, en aplicación do V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral.