O sindicato rexeita a amortización de 70 postos de traballo para substituír este servizo público por empresas de cátering

10-04-16 comedores escolares 2A CIG-Autonómica presentou o 3 de agosto 9.000 sinaturas contra a privatización dos comedores escolares. O acto de entrega tivo lugar ao medio día no Rexistro Xeral do Edificio administrativo da Xunta da Galiza en San Caetano, en Santiago de Compostela.

Desde a Federación da Administración Pública da Confederación Intersindical Galega agardan que a entrega das sinaturas recollidas nos distintos municipios onde se pretende privatizar os centros sirva para facer recapacitar o Goberno galego. “Esperamos que sexa tido en consideración na comisión de persoal da Xunta que se celebra este mércores e na que a Consellería de Educación pretende amortizar 70 postos de traballo co obxectivo de substituír os comedores escolares públicos por empresas privadas de cátering", indican.