A CIG-Autonómica denunciou o 25 de agosto que os expedientes da Dependencia correspondentes ás solicitudes dos meses de xuño, xullo e agosto están amoreados nas delegacións de Traballo e Benestar. Porén, a secretaria xeral  comunica aos medios que “En ningún caso, por tanto, las solicitudes realizadas en los meses de junio, julio y agosto están embaladas, como dice la CIG". A secretaria xeral declara tamén que o contrato é “derivado de la acumulación de expedientes durante el bipartito”. 

Dende a CIG-Autonómica queremos deixar constancia de que:

  • Os expedientes de xuño, xullo e agosto están embalados ou ben amoreados á espera de que INDRA SISTEMAS os recolla como se mostra na foto adxunta.
  • A acumulación non se corresponden coa xestión do bipartito, algo tan obvio que parece un insulto á intelixencia, senón coa falta de previsión deste goberno, cun cadro de persoal raquítico, coa falla de cobertura das vacantes de persoal e das substitucións e coa falla de contratos de acúmulo de tarefas que este goberno conxelou.