Novas por contido

A CIG-Autonómica alerta do novo paso dado pola Consellaría do Mar cara a privatización do servizo de Gardacostas coa utilización de persoal da empresa Remolcanosa non so nos grandes barcos, como viña facendo, senon tamén dende fai uns dias, nas lanchas.

Unha empresa privada non se mete nunha concesión para perder diñeiro; hai negocio. O servizo de Gardacostas é un servizo público, e os dirixentes políticos están a utilizar o diñeiro dos cidadáns para o lucro dunha empresa.


Xa dende o ano 2005 comezaron os contratos con Remolcanosa, sendo a última prórroga por un ano a partires de maio do 2010, cun importe de seis millóns de euros. Subliñar que ese contrato inclue os custes de persoal da empresa, combustíbel e mantemento, pero non o uso das embarcacións, que son propiedade da Administración. É curioso comparar ese alto custe coas nosas informacións de que antes do 2005, o custe, excluindo o persoal, estaba arredor de 18.000 euros. Todo un negocio por un servizo público subcontratado.

Dende o 2005 e até este ano, Remolcanosa xa recibira substanciosos contratos polos seus servizos, incorporando o seu propio persoal aos catro grandes barcos da Xunta. Pero este verán, a privatización deu unha volta mais, incorporando persoal tamén ás lanchas.

Os gardacostas son axentes da autoridade e a sua función inspectora os autoriza a decomisar aparellos ilegais, peixe pequeno ou en veda, .. funcións que non poden realizar os traballadores de Remolcanosa. Até o de agora, as lanchas ían ocupadas por un patrón, un mecánico, e un ou dous axentes, todos eles Gardacostas, todos eles axentes da autoridade. Estes dias foron nas lanchas un patrón, un mecánico e un mariñeiro de Remolcanosa, e un único axente da autoridade.

Se o estado toma nota, podería facer que as patrullas da garda civil estivesen compostas por un axente e un chofer de empresa privada. Absurdo.

Ao tempo que o goberno galego da diñeiro a unha empresa por un servizo público, deixan morrer o servizo por inanición: a última oferta de emprego para cubrir vacantes no servizo é do ano 2004, e dende entón non so non incrementan os efectivos senon que non se cubren as baixas e xubilacións.

Estamos en pe de guerra: xa está presentada unha denuncia ante a inspección de traballo, capitanía, petición de xuntanza co secretario xeral. A rolda de prensa do martes 14 en Vigo é un paso mais. De repetirse a utilización de persoal privado en calquer lancha, haberá resposta.

Para rematar, subliñar que a CIG non ten nada en contra dos traballadores e traballadoras da empresa Remolcanosa, senon que estamos a falar da privatización dun servizo público.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.