Novas por contido

O mesmo que o Partido Popular critícalle ao Goberno do PSOE de cambiar de polìtica cada dúas por tres, o mesmo fai o Partido Popular na Xunta ao respecto do “Santiago Apóstol”.

En novembro, decembro do 2009, xaneiro, febreiro do 2010 non dicía nada ás preguntas do Comité e das traballadoras e traballadores sobre o futuro do Centro ata que falou cun feito espectacular e insólito: trasladou a dous nenos TUTELADOS POLA XUNTA a un Centro privado.

Os traballadores pechámonos na Delegación o 25 de febreiro e en marzo, a Consellería informóulle ao Comité que non cumplirían o acordo do bipartito BNG-PSOE de facer un Centro de Atención a Persoas con Discapacidade, máis un Centro de Día, e que o persoal fixo sobrante sería trasladado a outros Centros.

As Asembleas celebradas no Centro ao longo dos meses aprobaron un montón de medidas que tiveron moito eco nos Medios: a) 6.000 sinaturas de apoio; b) Mocións do BNG-PSOE; c) Unha páxina facebook que conta con 2.440 apoios; d) unha Manifestación con importante apoio dos Sindicatos......

Durante ese tempo a Xunta pasou a dicir que estaba facendo un estudo pero seguía mantendo que non rachaba o tope de 24 anos para @s usuari@s, tope que estrangula a vida do “Santiago Apóstol” e estáno matando. Tope incomprensible cando tanta necesidade hai deste Servizo Social Público.

As protestas continuaron e a mediados de xullo a Xunta, nunha resposta oficial a unha Pregunta Parlamentar do BNG, resposta que creará un Centro de Día para Adultos e unha miniresidencia, pero non convoca ao Comité nen en xullo nen en setembro, co cal os traballadores non sabemos se esa promesa é mentira; ou se está de novo agardando a ver se somos capaces de seguir reclamando un “Futuro para o Santiago Apóstol” como fixemos desde febreiro ata xullo.

En todo caso esta é a Xunta que temos, que non crarexa o futuro dun Centro importante para a Comarca de A Coruña -e para toda Galicia- e que o único que fai é perder o tempo, porque se non ratifica a promesa escrita que fixo, téranos de novo na rúa, pero esta vez non só na provincia de A Coruña senón en toda Galicia porque se un grupo de traballadoras e traballadores está disposto a loitar, moitas cousas pódense facer.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...