As medidas desta Reforma buscan crear unha precariedade absoluta, extrema, que afecte tamén ó persoal fixo; para que a Clase traballadora non poida defenderse dentro das Empresas, nin tampouco poida defender os seus Convenios. Vexamos porqué.

1º Crea o despedimento libre e barato. Os Traballadores e Traballadoras non terán defensa nas causas que presentará a Empresa nos despidos obxectivos. Poderán alegar diminución dos ingresos (aínda que teña beneficios), previsión de perdas, cambio de máquinas, implantación de novos sistemas, etc. Os despidos poden ser individuais ou colectivos. Nestes despidos cunha indemnización de 20 días por ano, so pagará 12 días; os outros 8 os subvencionamos entre todos e todas.

2º As ETTs, poderán actuar en todos os sectores de traballo, tamén se introducirán na Administración Pública e os Convenios non poderán regular límites nen prohibicións a esta contratación.

3º As Empresas poderán non aplicar temporalmente o Convenio Colectivo en salarios, cambiar o horario de traballo ou as funcións dos traballadores e traballadoras, co Acordo dos representantes sindicais ou dunha mediación ou arbitraxe.

4º As seguintes Reformas que anuncian son: a Negociación dos Convenios, a protección por Desemprego e as Pensións. Queren prohibir os Convenios Provinciais (negociar todo en Madrid), reducir a prestación do paro e as Pensións ampliando os anos para o seu cálculo.

Todas estas medidas pretenden reducir salarios e prestacións públicas, mentres o Estado subvenciona con 8 días os despidos ás Empresas. Queren favorecer ainda máis o reparto da riqueza para as grandes empresas, para as grandes fortunas e para a Banca. Contrariamente permiten un inmenso fraude fiscal aos máis ricos.

A única riqueza que mantén á humanidade créase co traballo, a produce a Clase traballadora, pero os grandes capitalistas aprópianse cada vez dunha parte maior.

En Galiza o 20% das rendas do capital acumula mais riqueza que o 80% dos ingresos da clase traballadora. Esta Reforma provocará que cobremos menos e traballemos mais horas.

Non podemos ignorar aos culpables desta situación, o PSOE gobernando para os ricos e o PP pedindo medidas aínda máis duras, como prohibir as Folgas na negociación dos Convenios. Non podemos votar a quen nos ataca.

Demostremos o 29 de Setembro que todo funciona polo noso traballo, o 29 non funcionará o Estado nen os seus servizos, non funcionarán as Empresas, nen o transporte. Non funcionará a economía. Este é o noso poder. Non consintamos que nos ataquen desta maneira. Que paren estas medidas e as seguintes Reformas.

TODOS E TODAS Á FOLGA O 29 DE SETEMBRO

Non quedes na casa e acude á manifestación:

  • A Coruña, 12.00 horas, Praza de Vigo.
  • Compostela, 12.30 horas, Praza Roxa.
  • Ourense, 12.00 horas, Pavillón dos Remedios.
  • Lugo, 12.30 horas, parque de FRIGSA.
  • Ferrol, 12.30 horas, avenida de Esteiro (locais da CIG).
  • Pontevedra, 12.00 horas, Praza da Ferrería.
  • Vigo, 12.00 horas, cruce da Doblada.
  • Foz, 18.00 horas, diante de Facenda.
  • Vilagarcía, 12.00 horas, Casa do Mar.
  • Noia, 12.30 horas, rotonda de San Lázaro.