Novas por contido

No DOG do venres 24/09/2010 publícanse o Decreto 151/2010 (corrección de erros no DOG de 27/09/2010) e a Orde da Consellaría de Sanidade (corrección de erros no DOG de 29/09/2010) polos que se fixan os servizos mínimos durante a folga xeral do mércores 29 de setembro.

A CIG confirmou onte a súa oposición a estas disposicións e anunciou que presentará recursos na vía xudicial, por entender que a Xunta de Galiza está a fixar uns servizos mínimos abusivos que conculcan o dereito fundamental á folga.

Durante a xuntanza, entre outras alegacións, a CIG pediu a retirada do punto do Decreto de servizos mínimos no que se expón literalmente que: “En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros de traballo mediante a designación dunha persoa nos suposto en que tal cometido estea encomendado directamente aos medios da propia administración así como naqueles nos que se leve a cabo a través de empresas externas encargadas da seguridade privada”.

Esta obriga é contraria ás disposicións que vai marcando o propio decreto e conculcadora do dereito á folga. Ademais a xeneralidade da súa redacción podería dar lugar á designación de traballadores/as en servizos mínimos de forma abusiva como imprescindíbeis nun xornada de folga.

Nesta ligazón, podedes descargar a nota informativa enviada pola Confederación aos medios de comunicación.

Outras novas recentes

Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...