O luns 27 de setembro de 2010 vén de se realizar unha xuntanza coa Secretaría Xeral de Traballo e Benestar, co obxecto de tratar as RPT e a Axencia Galega de Servizos Sociais.

A Administración presentou un resumo de amortizacións e creacións, explicando que só afectan os Servizos Centrais e as xefaturas territoriais.  A maioria das prazas estaban orzamentadas e case todas ocupadas, pero non reflectidas na RPT, procedendo algunhas de sentenzas firmes posteriores á RPT da consolidación. A intención manfiestada pola Consellaría é tratar as modificacións parciais en breve.

Canto á RPT de centros, a Consellaría expón que se está a tentar unha unificación de criterios para a dotación de  persoal dos centros que sexan das mesmas características, co obxecto de reorganizar, por non ter orzamento para incrementar os gastos en persoal. A Consellaría manifestou que ten intención de convocar as organizacións sindicais en outubro para tratar este tema.

Respecto da Axencia Galega de Servizos Socials, a Administración afirma que se está a traballar actualmente na redacción do correspondente Decreto. informando de que a Consellaría está a valorar que servizos pasarán finalmente á Axencia:  se serán só os centros do Consorcio (escolas infantiles e centros de día), ou ben algún centro máis. A Administración manifestou tamén que os Estatutos da Axencia aínda están en fase de redacción.

Na xuntanza, a CIG fixo constar a súa protesta por convocar a reunión sen lles enviar  previamente a documentación aos representantes do persoal.

Para descargar a memoria funcional xustificativa da modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería de Traballo e Benestar achegada pola Administración, premer nesta ligazón.