Ante as políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores e traballadoras decretadas polo Goberno, a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia,

ACORDA APOIAR A CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL PARA O VINDEIRO 29 DE SETEMBRO DE 2010, ESIXÍNDOLLE AO GOBERNO UN CAMBIO DE POLÍTICA QUE SUPOÑA:

•   A retirada dunha reforma laboral que:

  • Non vai servir para crear emprego
  • Non vai reducir a dualidade do mercado laboral.
  • Facilita e abarata o despedimento.
  • Reforza o poder empresarial para modificar unilateralmente as condicións de traballo
  • Privatiza a xestión do desemprego.

•   Defender a negociación colectiva como marco de protección das condicións de traballo, fronte aos intentos de lles atribuír ás empresas a capacidade de incumpriren os acordos alcanzados de forma unilateral.

Garantir o sistema público de pensións como eixe central do noso sistema de protección social.

Unha política que reduza o déficit público mediante o incremento dos ingresos e non só mediante a redución do gasto.

Unha nova política fiscal que reforce a estrutura de ingresos do Estado, recuperando impostos suprimidos e apostando por unha maior recadación baseada na progresividade fiscal.