Neste mes comezaron as reunións coa Consellaría de Facenda sobre a modificación da súa RPT. Un dos puntos máis polémicos é o esaxerado número de postos abertos a LD baixo motivacións tan peregrinas como o manexo da datos persoais de especial protección. Dende a CIG-Autonómica cremos que a condición de persoal funcionario garante o sixilo necesario para o manexo de datos de carácter persoal. En todo caso, de precisar especial formación (Lei de Protección de Datos Persoais), este coñecemento garántese baixo o requirimento de formación específica e non mediante a súa forma de provisión por libre designación.

Por outro lado, outro punto destacado xira en torno á escala de Finanzas. Dende a CIG-Autonómica insistimos na necesidade de recoñecer a experiencia de anos de traballo eficiente do persoal funcionario que desenvolve ese mesmo traballo sen pertencer a esa escala. Outros aspectos comentados que se poden atopar no resumo de alegacións dispoñible para descarga foron: os postos de C1 e C2 para os que se require experiencia, a apertura de prazas a outras administracións e a existencia de prazas idénticas en distintas localidades con requisitos e méritos distintos, entre outros.

Enlaces relacionados:

- Alegacións CIG. 06/10/10.

- Proposta achegada pola Administración. 30/09/10.

- Opina nos foros