Novas por contido
Unha representación da CIG entregou ao Xefe Territorial da Consellaría de Traballo e Benestar as sinaturas recollidas contra a decisión de contratar a unha empresa de catering

Persoal do albergue xuvenil de As Mariñas de Gandarío, en Sada, desenvolveu esta mañá unha nova concentración en contra da privatización dos servizos para atender os usuarios/as deste centro. Ao remate da protesta, unha representación da CIG mantivo unha xuntanza co Xefe Territorial da Consellaría de Traballo e Benestar a quen lle fixo entrega das sinaturas recollidas na última semana contra a contratación da empresa Eurest para facer un traballo que lle corresponde a un servizo público.

Coa concentración, convocada polo Comité de Empresa e apoiada pola CIG, quérese denunciar a “anómala e inxusta situación” que se produce neste albergue de Sada, logo de que a Consellaría acordase contratar un servizo de catering para atender os/as usuarios/as durante este mes. Non obstante, o centro conta cun cadro de persoal fixo todo o ano, reforzado no verán con traballadores e traballadoras contratados por acumulación de tarefas para atender aos grupos de excursionistas. Esta contratación, sinalan dende a Federación de Administración da CIG, esténdese aproximadamente dende o mes de marzo até o outono.

Por iso, dende a CIG reclamouse á Xunta que prorrogue os contratos dos traballadores e traballadoras temporais durante o tempo necesario para realizar os servizos que precisa o albergue, en vez de recorrer á contratación dunha empresa privada.

Para a CIG-Administración Autonómica a actual situación que se vive no albergue supón:

- Un posíbel empréstito laboral, ao permitir a utilización de instalacións públicas por servizos privados para facer beneficios para unha empresa.

-A mala xestión dos recursos públicos pola duplicidade do gasto, xa que ao mesmo tempo que hai traballadores/as públicos/as contratados/as, ou con posibilidade de renovación do contrato, se recorre a unha empresa para que achegue igual servizo.

-Unha utilización fraudulenta da contratación temporal por acumulación de tarefas ao continuar existindo carga de traballo.

- Unha frustración das lexítimas aspiracións dos integrantes da bolsa de traballo da Xunta, que pagaron unhas taxas para estar nas listas de contratación da administración galega e que teñen uns méritos e capacidade para realizar estes traballos e poder optar as ofertas de emprego público que se realicen na administración autonómica.

-Unha diminución da cualidade que supón a privatización dos servizos públicos, que xa se ten observado noutras Consellarías.

-O incumprimento do V Convenio Colectivo no tocan á previsión de postos de traballo.

Xuntanza co Xefe Territorial de Traballo e Benestar

Ao remate da concentración, unha representación da CIG-Administración fixo entrega ao Xefe Territorial da Consellaría de Traballo e Benestar das sinaturas recollidas nas últimas semanas contra a privatización dos servizos no albergue.

Durante o encontro, o responsábel político tamén informou a CIG a respecto da situación do centro asistencial e educación especial Santiago Apóstol e do Terra de Ferrol. Sobre o primeiro, o Xefe Territorial explicou que vai pasar a ser competencia da Consellaría de Educación, con todo o seu persoal, aínda que a Xunta ten intención de privatizar o servizo asistencial (que seguirá dependendo da Consellaría de Traballo e Benestar).

Outras novas recentes

Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...