Novas por contido

Xunta co Xefe Territorial da Coruña de Traballo e Benestar

O xoves 14 de outubro houbo unha concentración, convocada polo Comité de Empresa da antiga Vicepresidencia, diante do Complexo xuvenil das Mariñas. O obxectivo era protestar pola decisión da consellaría de contratar un 'catering' privado no canto de contratar persoal tirando das listas de substitución ou ampliando os contratos por acumulación de tarefas dada a prolongación da actividade do centro e a necesidade de cubrir ao persoal que está de vacacións.


Despois da concentración unha representación da CIG desprazamonos á Consellaría para entregar 50 folios con aproximadamente 200 sinaturas de protesta contra esta decisión da Consellaría. Unha vez no edificio e, para entregar as sinaturas e pedir información oficial sobre as noticias aparecidas na prensa e que se tiña dado ao Comité, solicitamos unha entrevista co Xefe Territorial.

A información obtida confirma A gravidade do publicado na prensa:

1. O Santiago Apóstolo pasa integramente á Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. Como resultado desta operación propoñen 19 amortizacións.

2. No curso 2012-2013 pretenden que estea en funcionamento un centro asistencial dependente da Consellaría de Traballo e Benestar pero con xestión privatizada (externalización do servizo). Este centro estaría ubicado no mesmo espazo no que está o Santiago Apóstolo e estaría dedicado a ofrecer os servizos de asistencia necesario para os usuarios que saian da cobertura LOXSE - os que teñan máis de 24 anos.

3. No CEE Terra de Ferrol non pasa ninguén á Consellaría de Traballo e Benestar

4. No edificio novo construído no espazo do Terra de Ferrol, funcionará un centro da Consellaría de Traballo e Benestar, denominado Souto de Leixa, con xestión privatizada (tamén para atender aos maiores de 24 anos).

Tendo en conta estes dous últimos puntos e aínda que sobre isto non dixo nada o xefe  territorial, podemos esperar que o CEE Terra de Ferrol, sobre o papel, quede enormemente sobredimensionado [117 traballadores/as para 50 (+/-) alumnos/as].

Podemos esperar, xa que logo, que a Consellaría de Educación se descolgue nestes días cunha proposta que incorpore un número elevado de amortizacións.

  • Debemos deixar claro que as amortizacións non son produto do sobredimensionamento do centro senón da opción privatizadora da xestión do servizo da área asistencial.
  • Debemos facer unha forte campaña en favor dos servizos públicos de calidade, en contra das privatizacións e en defensa do emprego público.

5. De pasada quedou no aire que parece haber problemas insalvábeis ou de moi difícil solución para poñer en marcha a Axencia de Servizos Sociais ('excelente idea de Xabier Ferreira').

6. Sobre os centros de menores, que sistematicamente se deixan á marxe cando se fala da Axencia, deixou claro que, se non pasan para a Axencia, quedarían na Consellaría coa súa actual situación.

Unha vez concluída a entrevista entregamos oficialmente as sinaturas coa protesta dos traballadores e traballadoras do Complexo Xuvenil das Mariñas.

Diante de todo isto debemos esixir desde as Asembleas e tamén no Comité de Educación, que se coordinen os comités das dúas consellarías afectadas e se organizen mobilizacións conxuntas contra as amortizacións de postos o contra a privatizacións da xestión dos servizos públicos cunha perspectiva de dar cabida e iniciativa a cantas organizacións poidan estar interesadas no mantemento dos servizos públicos e de calidade.


Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...