Novas por contido

Esta adxudicación contradí a suposta política de austeridade e demostra que as promesas de Feijóo para promover o software libre eran falsas,

Tal como se pode comprobar no Diario Oficial da Unión Europea do día 13 de outubro de 2010, a CIG-Autonómica denuncia que o goberno do PP ten previsto adxudicar mais de catro millóns de euros en licenzas de software fechado para a Xunta na que será a maior adxudicación de software acometida pola Administración autonómica da que se ten constancia.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos que con esta macro-adxudicación o PP incumpre a promesa de implantar o software libre na Xunta. Así, en lugar de substituir os programas fechados polas alternativas libres equivalentes no mercado, o PP non só renova as licenzas dos programas fechados xa existentes senón que mesmo acomete a compra de centos de novas licenzas.

A  CIG-Autonómica denuncia ademais que este masivo gasto en licenzas non supón a compra en propriedade dos programas, senón que se trata en realidade dun "aluguer" que permite utilizalos durante un prazo de tempo. Así, esgotado este prazo os programas son automáticamente desactivados, polo que a Xunta debe pagar novamente polos mesmos programas para evitar que a desactivación provoque a paralización dos servizos que deles dependen, como xa ten sucedido.

Por outra parte a referida adxudicación consiste no pago masivo de licenzas para un gran número de servidores que se atopan dispersos polas distintas Consellarías. A CIG-Autonómica sinala que esta dispersión amosa claramente que os responsabeis tecnolóxicos do PP están sendo incapaces de unificar toda a informática da Xunta nun único departamento, un dos obxectivos marcados por Feijoo no inicio da lexislatura.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos o evidente despilfarro que supón gastar catro millóns de euros en renovación de licenzas cando existen programas libres equivalentes no mercado que supoñen un claro aforro e que por ese motivo están a ser usados xa por outras outras administracións públicas tanto autonómicas como estatais, que dese modo poden adicar eses cartos a investimentos produtivos.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos o evidente despilfarro que supón tirar os cartos dos galegos desta maneira e ao mesmo tempo esiximos ao goberno galego que cumpra as promesas de implantar o software libre na Administración autonómica.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...