Novas por contido

Xa o di o refrán:  “Cando as barbas do teu veciño vexas a arder, pon as túas a mexer".  

A Comunidade Foral de Navarra vén de aprobar un plan de acción estratéxico sobre o futuro da súa Administración autonómica. O chamado "Plan de Acción MODERNA"  prantexa, entre outras medidas, a conveniencia da supresión do carácter vitalicio dos postos do persoal funcionario, dentro dun conxunto de medidas orientadas de cara á  "flexibilización do estatuto de empregado público" .

O Plan Moderna de Navarra prantexa, así mesmo, fomentar a mobilidad entre departamentos e desenvolver unha carreira profesional que teña en conta "os méritos e non a antigüidade" e expón, ademais, que o obxectivo perseguido é o de xestionar a Administración autonómica navarra "como unha organización empresarial en si mesma, cun funcionamento eficiente".

Os asinantes do chamado Plan MODERNA son o Goberno navarro, UPN, PSN, a confederación de empresarios de Navarra, as universidades navarras e, ademais, as organizacións sindicais CCOO e UGT.

A pesar de que o Plan se cingue á Administración autonómica navarra, resulta evidente que supón un fito no continuo ataque á Administración, aos servizos públicos e á propia figura dos empregados públicos, ao chegar a considerarse o carácter vitalicio do estatuto funcionarial como un atranco ao desenvolvemento, cando é xusto ao contrario: a inamobilidade na condición de funcionario constitúe un avance histórico na configuración do Estado moderno e dunha Administración que sirve aos intereses xerais con independencia. 

A importancia simbólica do Plan Moderna é meridiana: despois da chamada "flexibilización" do mercado laboral, despois de abrir a porta ao despedimento do persoal laboral fixo das administracións públicas, despois da escasa resistencia ante o recorte salarial e de dereitos por parte dos empregados públicos, despois da continua campaña  de desprestixio do funcionariado nos medios "informativos", despois de presentar aos empregados públicos como privilexiados ante o resto dos traballadores, ficaba  claro que este sería o paso seguinte. Neste sentido  o “Modelo de Desarrollo Económico de Navarra (MODERNA)“ é o primeiro en encetar actuacións concretas nas políticas do “novo modelo produtivo” preconizado baixo os auspicios do poder económico e empresarial.

As condicións están dadas: propagación e interiorización do discurso de que unha das causas principais da crise é o excesivo gasto que supoñen os empregados públicos e de que estes son unha rémora para a sociedade, da idea do funcionario como sinónimo de ineficiente, pouco profesional e ancorado en métodos de traballo desfasados e incapaces de evolucionar: o funcionario como obstáculo no camiño dunha administración moderna, o funcionario como figura incompatible cunha administración que sexa “ un factor de competividade clave”... baixo diversas fórmulas propagandísticas, a idea que se transmite é sempre a mesma. 

Contra este ataque continuo á figura dos empregados públicos só quedan a mobilización e a loita ideolóxica: o modelo que ten demostrado a súa ineficacia, o que causou a crise económica foi o capitalismo financeiro e as construcións ideolóxicas que o promoven: son as políticas impulsadas para favorecer as grandes corporacións do capital financeiro as que están levando a economía ao estancamento, é o seu modelo  de desigualdades sociais crecentes o que é insostible e inxusto. Son os xigantes das finanzas os que están devorando cantidades inxentes de cartos das arcas públicas. Que sexan eles os que paguen a crise.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.