Novas por contido

O policía que o acusa de agresión incorreu en contradicións durante a súa comparecencia e a testemuña da acusación afirma que non viu a suposta agresión

Máis dun cento de persoas amosaron a súa solidariedade co compañeiro detido en Ourense durante o folga xeral do pasado 29 de setembro na concentración de apoio convocada pola CIG este luns 18, coincidindo co xuízo a Jesús Dorado Noya. A protesta tivo lugar diante dos xulgados de Ourense xusto antes do comezo dunha sesión que quedou vista para sentenza.

OS cargos da CIG que estiveron presentes na concentración expresaron o seu firme convencemento da inocencia do compañeiro e a súa confianza en que "a acción da Xustiza aclarará que os feitos que lle imputan son absolutamente falsos e consideramos que esta detención foi totalmente arbitraria e unha mostra de persecución sindical á que tantas veces se ten sometido a nosa central sindical".

Jesús Dorado Noya manifestou diante da xuíza que en ningún momento agrediu ao policía que acusa e lamentou o uso innecesario da forza por parte dos axentes. Lembrou que recibiu un golpe cunha porra durante a carga policial contra o piquete informativo que se atopaba nunha sucursal bancaria da cidade. As testemuñas -compañeiros da central, de traballo e doutros sindicatos- corroboraron a súa declaración e mantiveron que en ningún momento viron a Dorado Noya propinarlle tres puñadas ao policía, tal e como figura na denuncia. No que todos coincidiron foi no desproporcionado da actuación policial e en que o agredido foi o propio denunciado.
Incluso a testemuña da acusación, outro policía compañeiro do denunciante, manifestou non ter visto a agresión da que se lle acusa ao noso compañeiro.
O avogado da defensa tamén incidiu no innecesario da carga policial e lembrou que o informe forense contradí o exposto polo axente no que respecta ás lesións que tería sufrido. O xuízo quedou visto para sentenza.



Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.