Achéganos a Secretaría Xeral de Cultura a proposta de modificación parcial da RPT desa consellaría. Trátase dunha modificación parcial que afecta á Subdirección Xeral do Arquivo Nacional de Galicia e que será discutida nunha reunión  coas organizacións sindicais o vindeiro luns, 25 de outubro. A modificación consiste en crear varias prazas da escala de técnico/a de arquivos (unha delas na Delegación de Pontevedra) e unha de agrupación profesional. Para balancear o gasto, suprimirán a creación de varias xefaturas de sección que estaban orzamentadas pero nunca se chegaron a crear na RPT. A maiores, suprimirán un posto de xefatura de grupo que está vacante.

- Descarga a documentación.

- Opina nos foros.