Novas por contido

Os despedimentos declarados nulos e improcedentes en vía xudicial na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, dependente da Consellaría de Economía e Industria, suporán un custo aproximado de 1 millón de euros para a poboación galega.

Os representantes sindicais da CIG nesa fundación pública denuncian que acumula nos xulgados máis de 50 denuncias por despedimentos improcedentes e nulos por represión sindical. Mentres tanto, traballadores de empresas privadas van entrando pola porta de atrás para ocupar o seu lugar e o de outros traballadores que aínda que están en activo, baleirando así de contido as súas funcións.

A xerente desta Fundación pública, Covadonga Toca, acumula na actualidade un “historial” de despedimentos nulos e improcedentes que, ata o momento, supuxo para as arcas públicas máis de 300.000 euros en indemnizacións e asesorías xurídicas. Cantidade que chegará a alcanzar o millón de euros, ao sumar as indemnizacións ás que terá que facer fronte nun futuro próximo polo despedimento improcedente de 42 empregados/as da Rede de Dinamización da Sociedade da Información e de 6 empregados/as do Plan Estratéxico da Sociedade da Información, así como os gastos de representación xurídica e cosultoría, para facer fronte ás denuncias presentadas polos/as traballadores/as despedidos/as.

Os representantes sindicais da CIG destacan a existencia de informes da Inspección de Traballo referentes á existencia de represión sindical cara ao Comité de Empresa por parte da actual xerente e á realización de horas extraordinarias dos traballadores/as sen remuneración ou compensación algunha-

Outra das cuestións denunciadas  é a progresiva privatización de servizos públicos no eido da Sociedade da Información e o desmantelamento dos proxectos de Software Libre, co correspondente encarecemento dos servizos e o aumento do gasto, que puido demostrarse esta mesma semana coa compra de licenzas de Microsoft na Xunta de Galicia por valor de 4,7 millóns de euros. Feitos que non se corresponden para nada coa intención inicial de aforro e austeridade, como tamén demostra o elevado custo económico ao que terá que facer fronte a Administración polos despedimentos nulos e improcedentes efectuados ata o momento.

Así mesmo, a CIG informa que o salario da xerenta desta fundación, Covadonga Toca, é superior ao dos altos cargos da Xunta de Galicia, próximo ao 60.000 € anuais, como se desprende do cadro de retribucións dos altos cargos e do persoal eventual do Gabinete da Consellería de Economía e Industria 2010. Neste cadro tamén pode verse que o secretario xeral desta Consellería, principal defensor da política de despedimentos efectuada por Covadonga Toca, cobra na actualidade máis que o propio Presidente da Xunta de Galicia.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...