Se non hai ningún contratempo de última hora, o venres  05/11/2010 estarán colgadas no web de Función Pública as puntuacións provisionais do concurso de traslados de corpos xerais de persoal funcionario.  Esta baremación faise de xeito informático. Dende Función Pública seguen pensando, con algunha reserva, que pode estar resolto antes de fin de ano.

O que máis vai facer variar a data das listas definitivas vai ser o volume de reclamacións ás provisionais. O vindeiro martes, 2 de novembro, constituese a Comisión de Valoración encargada de estudar estas reclamacións.