As deducións nas retribucións polas últimas folgas fixéronse xa efectivas, ou están a piques de facerse, nas distintas consellarías.  Antes de que chegue o peche do exercicio económico, dende a CIG-Autonómica queremos facer un chamamento a todas as persoas que exerceron o seu dereito á folga, en defensa das condicións laborais dos empregados públicos, en xuño, e da clase traballadora,  en setembro.  Este chamamento consiste en presentar peticións individuais á Administración  para que destine as deduccións por folga para o fondo de desemprego. Esta solicitude é similar á presentada polas delegadas e delegados da CIG antes das folgas, onde solicitaban que se lles practicara o desconto e se destinara ao dito fondo.

Dada a difícil situación pola que atravesa a clase traballadora e o recorte das políticas sociais, dende a CIG-Autonómica instamos á Xunta de Galicia para que tome en consideración estas peticións individuais.

Descargar o modelo de solicitude