O pasado 27 de Outubro tivemos xuntanza con Medio Rural para tratar o tema do plus de nocturnidade, para o persoal laboral do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).

No proxecto de orzamentos para o ano 2011 recolle unha partida de 1.171.312,89 €, para pagar as noites do persoal laboral do SPDCIF. Dende Medio Rural comentan que dispoñen de un remanente, aínda sen cuantificar, estando dispostos a pagar as noites dos anos 2009 e 2010, e para o 2011 tirar da cantidade prevista nos orzamentos. Segundo Medio Rural, teñen un recorte no seu presuposto bastante importante, co que lles imposibilita acceder ao pago do complemento sen complicacións.

Dende a Secretaría Xeral manifestan que pode darse o caso de que a cantidade da que dispoñen non foxe suficiente para aboar toda a nocturnidade (a CIG manifesta rotundamente que non chega). Plantexan esta posibilidade de pago e tirar cara adiante, regularizando deste xeito as noites no 2011 co presupostado nos orzamentos. Confesan da necesidade de comenzar o 2011 sen ningun obstáculo en relación aos anos anteriores. Se non foxe posíbel, terán que dispór do presupostado nos orzamentos para o pago das sentenzas según lles vaian chegando, polo que non pagarían as noites do ano 2011.

Quedou Medio Rural en poñer no noso coñecemento da cantidade da que dispoñen para o pago da nocturnidade dos anos 2009 e 2010. Esperamos acontecementos entón ...

En fin, pensan pagar as noites con catro duros, esquecéndose do ano 2008. A CIG non está pola labor de aceptar ningunha proposta onde non se recolla o pagamento do que se lle adebeda aos traballadores e traballadoras do SPDCIF en conceito de plus de nocturnidade. Poderíamos estudar alternativas de cómo facer os pagamentos, pero sempre e cando foxe pola cantidade total que se lles adebeda ao persoal laboral.